Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

1º Proxecto cos Escornabots: Biblio Rei en TIK TOK!

  Como puidestes ver na entrada anterior, xa temos os nosos Escornabots. Estes aparellos ábrennos unha morea de posibilidades.  De feito, a unha delas démoslle forma esta mesma mañá.  Coñecedes a aplicación de Tik Tok ? É unha rede social na que a xente comparte vídeos. Como lle gusta taaaaaanto taaaaaaaanto aos nenos e nenas decidimos abrirlle un tik tok á nosa biblioteca. Alí estaremos subindo vídeos cos nosos robots. Aquí tedes a LORENZO! Se nos queredes seguir o noso usuario en Tik tok é @bibliorei GRAZAS A TODOS E TODAS!

COMEZAMOS COS ESCORNABOTS!

Imaxe
Boas tardes a todos e todas! Hoxe traemos unha grande noticia. Damos comezo a unha nova era  pasamos a ser unha Biblio 3.0! E como é isto? Como sabedes este curso tivemos a sorte de ser seleccionados para participar no programa "Biblioteca creativa" que busca promover a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos dentro das bibliotecas escolares. O primeiro que vos queremos ensinar é unha das cousiñas que máis interese causou en nós. A montaxe dos Escornabots. Hoxe tocoulle facelo ao grupo de 6º de primaria. Para facelo un pouquiño emocionante comezamos o obradoiro coa seguinte presentación: Your browser does not support the video tag. Coa axuda do titorial dimos forma ao noso escornabot: Velaquí o resultado final!

Creación do stop-motion

Imaxe
 Bos días outra vez! Vistes xa o vídeo dos desexos de Nadal do cole de Oliveira?  A verdade é que no cole temos un montón de artistas.   Hoxe pasamos por aquí para deixarvos o proceso de elaboración do Stop-Motion que fixo o grupo de 6º.  Comecemos polo principio... que é un Stop-motion? É unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos mediante unha sucesión de fotos nun corto período de tempo. De feito para facer este vídeo necesitamos facer mais de 170! PASOS PARA A ELABORACIÓN DO STOP-MOTION:   1º Escollemos a idea para o vídeo e construimos unha cronoloxía. 2º Construímos as pezas necesarias para o escenario. Nós escollemos facer figuras con materiais como plastilina, limpapipas... 3º Unha vez que xa tivemos todo o material preparado e o escenario construído, pasamos á gravación! Tivemos que facelo con moito coidado, parecía mais sinxelo do que realmente era... E aquí tedes o resultado do vídeo!