Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

7ª Sesión de Contacontos para ED. Infantil

Imaxe
Hoxe a sesión de contacontos para o alumnado de ED. Infantil correu ó cargo da  Clase de 3º  . Era a primeira vez que ían contar o conto, e estaban un pouquiño nerviosas!!! O conto elexido foi  Confundindo Historias   de Gianni Rodari. Unha avoa un pouco despistada, que fai unha versión moi libre do conto tradicional da Carapuchiña Vermella , na que é verde,  negra ou amarela... e moitas cousas máis.... Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA 27

Imaxe
Hoxe, e para finalizar a semana do libro, as clases de 4 e 3 anos de ED. Infantil foron as que nos recomendaron as súas lecturas. Os nenos e nenas de 4 anos recomendáronnos "Garavanciño" E cantáronnos unha canción baseada no conto, xa sabedes... coidado co que facedes!!! Os máis pequenos do cole, a clase de 3 anos, recomendounos a lectura da  Cebra Camila Se queredes escoitar o conto, ou xogar un pouco coa Cebra Camila , clicade AQUÍ

CONTACONTOS

Imaxe
Venres 27 de abril,  recibimos a visita da Protectora de Animais do Porriño : "Lena" Coincidindo coas datas, na semana do Día do Libro, compartiron con nós un conto sobre un canciño e ademais de traer ó protagonista, tamén nos deron bos consellos sobre os coidados dos animais. Preme no enlace:

CONTACONTOS.

Imaxe
Co gallo da semana do libro, e ante a proximidade do día das letras galegas, que este ano se adica a   MARÍA VICTORIA MORENO  ,  o alumnado de ED. Infantil e o de 1º, 2º e 3º de Primaria desfrutou hoxe dun contacontos baseado no libro da autora: "Eu conto ti cantas" Estiveron atentísimos e atentísimas e con moito entusiasmo desfrutaron do conto que lles contou Iago.        

RECOMENDACIÓNS LECTORAS : DÍA 26

Imaxe
Hoxe tocoulle a quenda ó alumnado de 1º de primaria e de 5 anos. Por unha banda o alumnado de 1º falounos de MATILDA   , escrita por Roald Dahl.                             A outra recomendación lectora do día, foi a que fixeron os nenos e nenas da clase de 5 anos , do libro    O monstro de Cores  .  Acó vos queda a canción tan "marchosa"  que compartiron con nós, na radio do cole, do libro que nos recomendaron:          

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA 25

Imaxe
Hoxe as clases de 3º e 2º fixeron as súas recomendacións lectoras. Por unha banda na clase de terceiro recomendaron: "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl De todas os contos versionados e en verso que aparecen no libro, o que máis lles gustou foi o de "Carapuchiña vermella", acó vos queda a historia que reproduciron na radio do cole.                         Por outra banda a recomendación lectora da clase de segundo foi: " O Principiño" . De Antoine de Saint-Exupery                    

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA 24

Imaxe
Hoxe tocoulles o turno á clase de 4º e 5º de primaria facer as súas recomendacións. A clase de 5º leu o conto " ORELLAS DE BOLBORETA ". A clase de 4º recomendounos o libro que levaron este curso na mochila viaxeira  " EN UN LUGAR DE ATOCHA... El 11 M vivido por un niño ". Na radio leron a nota do autor.Se o queredes escoitar premede AQUÍ                                               

DÍA DO LIBRO

Imaxe
Hoxe  23 de Abril  , conmemoramos o día do libro. Durante esta semana imos ter varias actividades relacionadas co libro e coa lectura.  Tanto a nivel de centro como a nivel de aula. Por unha banda, haberá recomendacións lectoras de cada  unha das aulas na radio do centro. Tamén teremos un contacontos moi especial este venres ( seguiremos informando...) E hoxe por ser o propio día do Libro fixemos unha actividade de "apadriñamento lector". Na que o alumnado dos cursos máis altos, leulle a un neno/a dos cursos máis baixos un conto recomendado para a súa idade.  Foi o noso xeito de celebrar o día do libro cunha hora de ler "diferente", xa que afillados/as e padriños e madriñas saíron ó patio para desfrutar dunha boa lectura ó aire libre. Os afillados/as en agradecemento polo conto fixeron uns "marcapáxinas" chulísimos para agasallarlles ós seus contadores de contos. Foi unha actividade moi interesante e divertida. Acó vos

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA 23

Imaxe
Durante esta semana con motivo da SEMANA DO LIBRO , na radio ,cada clase vai ir facer unha recomendación dun libro... Estreámonos hoxe coa  clase de sexto que nos recomendou o libro PULSACIONES de Javier Ruescas.

Vista de A Coruña.

Imaxe
Na clase de 3º   seguimos aprendendo cousas sobre Urbano Lugrís e a súa obra, xa que non só foi pintor, senon que tamén foi poeta, ilustrador e escritor. Unha das últimas obras que traballamos , foi " Vista de A Coruña". Fonte: Museo de Belas Artes da Coruña. ‘Vista da Coruña 1830’ A obra, cunhas dimensións de cento vinte e un por douscentos vinte centímetros e realizada en temple sobre xeso, representa unha vista fabulada e en formato panorámico da cidade da Coruña, co aspecto que esta idealmente tería no ano 1830. A perspectiva urbana que se nos presenta corresponde á fachada portuaria, resaltando de forma onírica os elementos máis representativos: a Torre de Hércules ao fondo de cor rosa, a cidade vella con casas xeométricas de distintas cores, e a baía co Castelo de Santo Antón e, na súa contorna, distintas embarcacións. ( fonte: http://museos.xunta.gal/gl )                        Como xa vos contamos anteriormente, dende o Museo de Belas Artes da

cartel picasso

Imaxe
Os alumnos de quinto estivemos traballando o anuncio na área de lingua e aproveitamos para facer uns carteis-anuncio sobre o autor que traballamos no proxecto de centro, xurdiron gran variedade de ideas, dende anuncios de exposicións, ata venta de cadros.

DIVERTILECTURA

Imaxe
Os nen@s e a mestra da aula de 5 anos recomendamos a lectura deste mes de abril do libro " O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas da editorial FLAMBOYANT ,no que ides coñecer un monstro que ás veces está un pouco liado coas súas emocións,e  que cambia de cor según o sentimento que o invade. Acompañádenos nesta aventura e a  poñerlle cores ós vosos sentimentos tamén!!!! Onte,montamos un pequeno recanto dos sentimentos na nosa aula ,mirade que colorido nos quedou!!! Onte martes 17 de abril de  2018 ,como fixo bo tempo os nen@s e a mestra da aula de 5 anos, aproveitamos para   facer a hora de ler no patio.Así que; levamos todo o necesario:o noso conto,folios de cor verde e os nosos pompeiros para facer a nosa versión do monstro verde  da calma.Por certo,gracias a todas as familias que nos mandaron todo ese feixe de pompeiros!!!! Mirade que ben o pasamos e de paso escoitade a nosa canción do MONSTRO DE CORES que ten moito ritmo.Esperamos que vos guste e nos deixe

CADRO DO MES: A HABITACIÓN DE ARLÉS

Imaxe
O mes de marzo na clase de 1º estivemos traballando o cadro A habitación de Arlés (Van Gogh). Aproveitamos para traballar as cores frías e as cores cálidas e transformar a habitación de Van Gogh noutra completamente distinta. Tamén fixemos cada un/unha a súa propia reprodución do cadro e outro a tamaño máis grande no que usamos témperas. Para rematar e coincidindo co Día da Poesía (21 de marzo) creamos o noso propio poema partindo deste cadro. Acó vos deixamos un pequeno vídeo resumo de todo este traballo.