POR QUÉ ESTE BLOGUE???
No noso cole temos xa un blogue, FRAGAREIS , pero neste recuncho queremos recoller todas as cousas que se desenvolven dende a Biblioteca do noso centro.
A partir de agora , as cousas que fagamos, propoñamos ou creemos dende a nosa biblioteca aparecerán aquí.
Como sabedes a "mascota" da nosa biblioteca chámase OLIREI, e é o grande protagonista deste evento.
Para elexir o nome deste blogue pensamos que o mellor xeito de facelo era que o alumnado propuxese e elexise o nome. Así desta proposta de ideas e votación na que se implicou a todo o alumnado saíron dous nomes gañadores: OLIREI.BLOG e O MUNDO DE OLIREI E MÁIS EU .
Como a votación foi tan axustada, decididimos que era importante recoller estas dúas propostas.
E aquí está: o noso blogue de biblioteca por fin é unha realidade.
Comentarios
Publicar un comentario