Xornal escolar "Mundo de cores".
Xa está disponible a nova edición do xornal escolar de Santiago de Oliveira "Mundo de cores".
Os nosos redactores e redactoras fixeron un arduo traballo de investigación e redacción durante a Semana da prensa para recoller neste diario as novas máis destacadas sobre a arte.
Con motivo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as pequenas e pequenos informadores tamén traballaron en prol da igualdade de xénero, recadando varias novas sobre mulleres de éxito.
Desde a redacción do xornal, esperamos que vos resulte de agrado.
Xornal: Mundo de cores
Comentarios
Publicar un comentario