URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA.

Na clase de TERCEIRO seguimos traballando a Urbano Lugrís.

Desta volta, e xa "mergullados" no seu MAR particular estamos traballando o seu cadro titulado MARIÑA SURREALISTA.

Fonte: "Museo de Belas Artes da Coruña"


É quizais un dos cadros máis representativos e icónicos de Lugrís: onde aparece unha serea e tamén unha buguina. E podemos observar que Urbano firma as súas obras acompañadas dunha áncora.

Hoxe falamos do cadro, observámolo, demos a nosa opinión e fixemos a nosa versión de cores da propia obra.

Por outra banda tamén descubrimos que a poeta e escritora galega Yolanda Castaño, e como actividade xestionada polo Museo de Belas Artes da Coruña, escribiu un conto infantil co mesmo título do cadro e baseado no mesmo.

Miramos este "prezi" sobre o conto que nos gustou moito , elaborado por Ramón París Lago sobre o mesmo, e encantounos!!!!

                                           

Acó vos quedan unhas poucas fotos do noso momento creativo :





Seguiremos informando!!!!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

DIVERTILECTURA

YAYOI KUSAMA

DÍA DO LIBRO