URBANO LUGRÍS

Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís

Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que: 
-Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos)
- Foi pintor, pero tamén escritor e poeta.
- Era coñecido coma o "pintor do mar" 


O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas)


Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano...
E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención. 

  












Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA