Publicacións

ANIMALARIUM... XOGANDO

Imaxe
Tres en liña, xadrez, damas, Memory, Animaflash, Adiviña quen... son algúns dos xogos que o alumnado recreou adaptándoos á temática do PDI deste curso, aproveitándose dos seus beneficios e compartíndoos con toda a comunidade educativa na exposición final do proxecto: Expoanimalarium . O alumnado de 2º EP, animouse a compartir con todos e todas vós as regras do seu xogo, "Animaflash", por se non tivéstedes a ocasión de poder desfrutalo na Expoanimalarium.

VERBOLARIO E CUBIC WORDS... XOGAMOS?

Imaxe
Na nosa biblio, tamén hai sitio (e cada vez máis) para os xogos de mesa. Nesta ocasión, ímosvos presentar dous dos que empregou o alumnado de 2º EP ao longo deste curso para ampliar vocabulario, mellorar a atención, fortalecer as habilidades estratéxicas do pensamento e potenciar as relacións sociais. Van descansar no verán, agardando que lle deades moito uso o próximo curso.

A BIBLIOTECA AOS NOSOS PÉS

Imaxe
E se fai pouquiño vos contabamos que algunha que outra sorpresa estabamos preparando, non podiamos deixar de compartir con vós o bonitas que quedaron as escaleiras do noso centro.  Títulos con mensaxe que se mesturan entre outros dos padriños e madriñas de aula e dan significado e beleza á entrada do cole, á entrada do noso segundo fogar.

MENOS PLÁSTICO, MÁIS VIDA

Imaxe
Dentro do marco do noso PDI tamén hai cabida para o coidado do medio ambiente, concienciándonos da redución do consumo dos plásticos.  Con motivo do Día do Medio Ambiente , argallouse a confección de bolsas de tea para o alumnado e profesorado, partindo de deseños creados por nenas e nenos dos distintos niveies, en base aos animais investigados.

VISITA DE LEDICIA COSTAS, MADRIÑA DE AULA

Imaxe
O venres pasado contamos cunha visita moi especial no centro. Despois de pasar acompañados e acompañadas as útlimas semanas por Petunio, Dinamito, Pochiña, Maya, Penoso, Eleonora, Morgan e a señora Culppeper, desfutamos dunha amena xornada coa súa creadora, Ledicia Costas. E continuando co proxecto de amadriñamento/apadriñamento das aulas comezado fai uns cursos, Ledicia converteuse na nosa nova madriña: madriña da aula de 4º de primaria. Mil grazas Ledicia!!!

CLÍNICA VETERIANARIA KIVET

Imaxe
A semana pasada, recibimos unha importante visita dentro do marco do noso PDI. Pilar e Noemí, veterinaria e auxiliar de veterinaria da clínica Kivet, compartiron co alumnado e profesorado anécdotas e información sobre a hixiene, vacinas, alimentación, curiosidades e coidados en xeral das mascotas.

RADIO COTO DO GATO: RATA LINDA DE COMPOSTELA

Aproveitando o mes de maio, mes das Letras Galegas , os nenos e nenas de 2º EP compartiron a través da emisora escolar unha historia dun dos importantes escritores da nosa literatura: Bernardino Graña. Nas súas voces... Rata Linda de Compostela

RADIO COTO DO GATO: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Continuando coas emisións en directo, chegou a quenda do alumnado de 1º EP, que aproveitou a semana adicada ás Letras Galegas para pór voz aos poemas de Florencio Delgado Gurriarán.