Urbano Lugrís: Leyenda Marina.
Na clase de 3º estamos aprendendo moitas cousas da vida e obra de Urbano Lugrís .
Ademais das obras máis coñecidas coma Galicia ou a Mariña Surrealista que tanto nos gustou; houbo outras obras da súa fantástica creación que nos chamaron moitísimo a atención .
Unha destas obras é "Leyenda Marina"
![]() |
fonte: colección Abanca |
Esta obra gustounos moito porque aparece un peixe fantástico, porque parece que enriba ten unha igrexa e o que nós concluísmos que parece un "cura ou monxe" . Ademais aparece un cabaliño de mar, hai unhas montañas ó fondo.
E coma sempre, ó lado da sinatura de Urbano aparece unha áncora.
E coma sempre, ó lado da sinatura de Urbano aparece unha áncora.
Estamos facendo a nosa propia versión da obra, aínda que en dimensións maiores xa que a orixinal é de 22x22cm ...
Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso:
Se o queredes ver rematado.. xa sabedes o 19 de xuño, estades convidadas!!!!!!
Iremos a ver tan fermosa obra sen falta, ten moi boa pinta.
ResponderEliminar