DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril , conmemoramos o día do libro.

Durante esta semana imos ter varias actividades relacionadas co libro e coa lectura. 
Tanto a nivel de centro como a nivel de aula.

Por unha banda, haberá recomendacións lectoras de cada  unha das aulas na radio do centro.

Tamén teremos un contacontos moi especial este venres ( seguiremos informando...)


E hoxe por ser o propio día do Libro fixemos unha actividade de "apadriñamento lector".
Na que o alumnado dos cursos máis altos, leulle a un neno/a dos cursos máis baixos un conto recomendado para a súa idade. 

Foi o noso xeito de celebrar o día do libro cunha hora de ler "diferente", xa que afillados/as e padriños e madriñas saíron ó patio para desfrutar dunha boa lectura ó aire libre.

Os afillados/as en agradecemento polo conto fixeron uns "marcapáxinas" chulísimos para agasallarlles ós seus contadores de contos.

Foi unha actividade moi interesante e divertida.
Acó vos deixamos unhas poucas fotos do momento.

            


Por outra banda os nenos e nenas de ED. Infantil, da clase de 5 anos tamén quixeron felicitarnos o día do libro, e acó nos deixaron este pequeno vídeo.
Proximamente saberdes o motivo desta felicitación, xa que van publicar outro dos seus artigos de "divertilecturas", estade ben atentos e atentas...

                                               

 Boa lectura! 


Comentarios

  1. Feliz día do libro para vos tamen, e recordade que si querés aventura lánzate a letura . Por certo bonita canción a do monstro.

    ResponderEliminar
  2. Grazas. A nós gustounos moito a actividade.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Santiago polo teu comentario e Feliz Día do Libro para ti tamén!!!Encantounos a túa frase,nós os nen@s de 5 anos estamos empezando a collerlle gustiño a eso de ler.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA