CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Este curso, ademais de ter os contacontos por parte do alumnado dos cursos máis altos para os nenos e nenas de ED. Infantil , tamén viñeron ó colexio a contarlles un conto , 3 mamás e un papá ós que lles estamos moi agradecidas, polo seu tempo e por compartir un conto con nós.

Acó vos queda o vídeo dos catro contos por se os queredes escoitar.

O primeiro é Jano co conto "A toupiña que quería saber..."

A segunda (minuto 9:12) é Diana que lles contou " A vaca que puxo un ovo".

A terceira foi Pilar ( minuto 13:37) co conto de "Elmer".

E por último Verónica ( minuto 19:39) co "Mago Goma".

Moitísimas grazas ós 4, e ás mestras de ED. Infantil.

Agardamos que para o próximo curso se animen máis papás e mamás!!! 


            

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A AUGA É VIDA. COIDÉMOLA!"

DIVERTILECTURA