FORMACIÓN DE USUARIOS
Durante este trimestre estivemos facendo cos diferentes cursos actividades relacionadas co uso e funcionamento da biblioteca.
Co alumnado de educación infantil e 1º de primaria traballáronse os seguintes obxectivos:
- Recoñecer e manter a orde na biblioteca.
- Asociar a etiqueta de cor ás diferentes idades e temáticas.
- Interiorizar as normas básicas de uso da biblioteca.
- Tomar contacto coa CDU asociando o primeiro número da etiqueta a unha temática determinada.
- Visitaron a biblioteca en pequenos grupos de detectives e intentaron localizar libros mal colocados e indicar onde deberían estar, asociando sempre a colocación á etiqueta de cor.
- Visitan unha vez á semana a biblioteca para coller libros e fan unha pequena ficha sobre o libro no que empezan a identificar partes como o título.
- Visitan a biblioteca no recreo dúas veces ao mes para escoitar contos.
Co alumnado de educación primaria traballáronse os seguintes:
- Coñecer a etiqueta e os datos que aporta.
- Coñecer e comprender a CDU.
- Relacionar libros con signaturas.
- Buscar a través do OPAC Meiga.
- Coñecer as normas da biblioteca.
- Recoñecer e manter a orde nos libros e no resto de material da biblioteca.
- Visionado do power point "COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA"
- Colocaron etiquetas aos libros.
- Localizaron libros mal colocados e puxeronos no seu lugar.
- Buscaron libros no noso OPAC MEIGA
- Ensinámoslle os andeis e o material que se atopan en cada un deles.
Aquí vos queda un vídeo con algúns dos momentos
Comentarios
Publicar un comentario